NOME:
- CASTELÁN: Sauce llorón
- CATALÁN: Desmai
ORIXE:
É unha especie alóctona, procede de Asia. O nome de Salix
babylonica por un salmo da Biblia, no que se fala de que durante
o exilio dos xudeus en Babilonia, penduraban as súa pregarias dos
salgueiros. O nome galego da especie, chorón, vén dado pola
conformación das súas pólas colgantes.
DESCRICIÓN
: É anxiosperma ( ten flores, froito e sementes), Acada de 10 a 15
metros de altura, aínda que excepcionalmente pode sobrepasar os 20.
As pólas son moi flexíbeis, e a súas puntas diríxesense con forza
cara o chan, como caendo, de aí o seu aspecto "tristeiro",
que lles deu a designación de choróns, nome que aparece
noutras linguas: francés pleureur, inglés weeping willow,
español llorón, etc.
As follas son alternas, simples, lanceoladas, con
dentado fino, estreitas e longas, acadando de 10 a 15 cm de
cumprimento, e sostidas por un curto pecíolo.
Son amantes da auga polo que é fácil atopalos
preto dos ríos.
FLORES
E FROITO : As flores, como noutros salgueiros, están agrupadas en
amentos de arredor de 2 cm de longo, recibindo o nome popular de
gatiños.
É unha
planta dioica, na que as flores masculinas e femininas corresponden a
árbores diferentes. En Europa non se coñecen máis que exemplares
femias.
O
froito é unha cápsula con moitas sementes plumosas.
Reprodúcese facilmente por espeto.
USOS: É
unha árbore ornamental, de uso moi estendido, case sempre de forma
illada para poder apreciar o seu porte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario