NOME:
CIENTÍFICO:
Juniperus communis
CASTELÁN:
Enebro
CATALÁN:
Ginebre
EUSKERA:
Ipar-Ipuru
DESCRICIÓN
:O nome Juniperus, pode vir do celta, co significado de áspero,
rudo, polo sabor dos froitos e os pinchos das follas.É autóctona. O
xenebreiro é un arbusto de 1 a 3 metros de altura, aínda que
noutras condicións, diferentes ás destes montes, podería mesmo
chegar a 15 m. Posúe unha codia olorosa, pardo-avermellada que se
desprende a tiras. Ten follas aciculares de entre 6 a 21 mm de longo
e 1 ou 2 mm de ancho, agrupadas en fas de 3. Son puntiagudas e
punzantes e presentan unha liña esbrancuxada no centro do feixe. É
unha especie, polo xeral, dioica (presenta plantas masculinas e
femininas), aínda que hai exemplares cos dous sexos. Os exemplares
masculinos teñen, en primavera, uns conos nas axilas das acículas,
mentres que os femininos desenvolven uns conos ovoides con escamas
que se transforman nos froitos.
Os
gregos queimaban xenebreiro para combater as epidemias e os
tibetanos e os amerindios considerábano un incenso sagrado.
Na
Idade Media cría que o xenebreiro protexía da posesión diabólica,
das enfermidades e dos animais velenosos, e plantábase na entrada
das casas para salvagardar os seus moradores do mal de ollo e para
manter afastadas as serpes.
Cos
froitos faise a xenebra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario