NOME:
- CIENTÍFICO: Betula alba
- CASTELÁN: Abedul
- CATALÁN: Bedol
- EUSKERA: Urkia
ORIXE: Do latín
betula e do celta betu, albus: branco,en alusión a cor da cortiza
É unha árbore
autóctona. Abunda en gran parte das provincias de Lugo e Ourense na
metade norte da provincia da Coruña e no este de Pontevedra.
DESCRICIÓN :
Son anxiospermas,
xa que teñen flores, froitos e sementes. É unha árbore caducifolia
duns 20m de altura. De tronco curto e dereito. Cortiza branca. Copa
baixa, primeiro cónica-piramidal, logo arrendondada, de pouca
sombra.
FLORES E FROITO :
As flores son
unisexuais, amarelentas ou verdosas. Florece entre abril e maio.
O froito é un aquenio samaroideo de 3-4 mm. Madura entre
xullo e setembro.
USOS:
As follas utilízanse
como diurético, depurativo e antirreumático. A cortiza en condución
de augas, recubrimento de chozas ou elaboración de pergamiño. O seu
zume fermentado produce o viño ou cervexa de bidueiro e tamén se
emprega contra as inflamacións renais ou de vexiga e para disolver
os cálculos de ril.
A madeira ten
utilidade en ebanistería, na elaboración de zocos, cestas, cuncas,
xugos... A brea extraida da súa madeira emprégase na
impermeabilización de peles e a leña é un excelente combustible e
elabórase co seu carbón a tinta de imprenta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario