- GALEGO: PRADAIRO.
- CIENTÍFICO: ACER PSEUDOPLATANUS L.
- CASTELÁN: ARCE BLANCO
- CATALÁN: FALS PLATÁN
- EUSKERA: ASTIGAR ZURIADESCRICIÓN: O nome de Pseudo (falso) Platanus, pola súa semellanza co plátano de paseo. É orixinaria do centro e sur de Europa. É anxiosperma, ten flores e froito. A cortiza é lisa e aos 30 anos tórnase gretada e escamuda. As follas son opostas (como en todas as árbores do xénero acer), caducas, palmadas con cinco lobos en punta. As follas aparecen canda os froitos.FLORES E FROITOS: Florece na primavera. As flores amarelo verdosas teñen caliz de 5 sépalos, corola con 5 pétalos e 8 estames. Os froitos son en dobre sámara con ás largas e pregadas.USOS: A súa madeira dura é apreciada por ebanistas e torneiros, na elaboración de contrachapado, instrumentos musicais. En tempos usouse para facer zocas. A súa leña produce un excelente carbón vexetal.
Nesta páxina atoparedes información sobre das plantas e árbores que tódolos días vedes no patio da escola.
AS ÁRBORES DO NOSO PATIO
Nesta páxina atoparedes información sobre das árbores que tódolos días vedes no patio da escola. Elas que sempre caladas, vos dan sombra os días de calor e acóchanvos cando vos queredes volver invisíbeis.
PRADAIRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario