GALEGO: Camelio
CIENTÍFICO: Camellia japónica
CASTELÁN: Camelia
CATALÁN: Camélia
EUSKERA: Kameliak
ORIXE: son alóctonas, veñen do Xapón.
O nome púxollo
Linneo en honor de G.J.Kamel (1661-1706) farmacéutico xesuíta que
recolleu plantas en Filipinas.
DESCRIPCIÓN: Son anxiospermas, teñen
flor e sementes. É un arbusto ou árbore pequena, de 5 a 10 m de
altura de folla perenne que posúe unha forte raíz principal; as
follas miden de4 a 15 cm de lonxitude e de 2 a 5 cm de ancho.
FLORES: as flores, de 5-7 pétalos e
igual número de sépalos e numerosos estames, son de cor
branco-amarelentas; teñen entre 2-4 cm de diámetro. Dependendo da
especie florece en outono, inverno ou primavera. Non arrecenden.
USOS: O
aceite que se saca das súas sementes deshidrátase moi pouco e retén
a humidade; por esta razón, utilizouse como acondicionador do cabelo
e nos tratamentos da pel, para previr as asperezas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario