- GALEGO: Liquidambar
- CIENTÍFICO: Liquidambar
- CASTELÁN: Liquidambar
- CATALÁ: Liquidámbar
- EUSKERA: Likidanbarra
ORIXE: Liquidambar: nome
xenérico que deriva da palabra latina liquidus e a palabra árabe
para ambar, aludindo ao líquido de cor ámbar que produce.
É unha árbore alóctona e
segundo a a especie podémola atopar na China e no sueste asiático,
en Turquía e Grecia e en parte de América. En Europa desapareceu
no Terciario como consecuencia da glaciación.
En Galicia
plántase moito en xardíns e rúas urbanas.
DESCRICIÓN : Son anxiospermas ( teñen
flores, froito e sementes). Son árbores grandes, caducifolias de 25
a 40 m de altura, aromáticos e resinosos. A cortiza é gris pardo,
profundamente sucada, con follas palmeadas e lobuladas (de 3 a 7
lóbulos), de longos pecíolos e dispostas en espiral nas pólas e
coa marxe serrada e glandular.
FLORES E FROITO
As flores son miúdas, unisexuais e
verdosas, sen sépalos nin pétalos e producen unha inflorescencia en
forma de acio pedunculado de 1 a 2 cm de diámetro O froito é
multicapsular de 2 a 4 cm de diámetro e con numerosas sementes.
USOS:
É unha popular árbore ornamental
particularmente en áreas temperadas con veráns calorosos. Plántase
principalmente pola súa follaxe, xa que no outono tórnase a
fermosas cores amarelas e arroibadas.
As árbores
producen unha goma, coñecida como estorax, usada na menciña
tradicional Esta goma tamén contén unha pequena cantidade de
estireno, do cal a industria petroquímica alemá obtivo un plástico
chamado poliestireno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario