NOMES:
CASTELÁN: Tuya
CATALÁN: Tuia
EUSKERA: Thuja
O termo galego tuia
vén do grego: θυία (nome que lle daban a esta árbore).
ORIXE: son alóctonas,
a súa área natural de orixe é moi extensa, dende Irán ata China e
Corea.
DESCRICIÓN : Son
plantas ANXIOSPERMAS, teñen flor e froito. Estas árbores sempre
verdes que medran dende 3 m ata os 18 m de alto, cunha codia pardo
avermellada de textura fibrosa. As gallas son planas, coas polas
laterais nun só plano.
Flores e froito:
florecen na primavera. Piñas ovoides de 1-1,3cm de largo, con 6 a 8
escamas desiguais, algo carnosas e provistas no dorso de unha
protuberancia recurvada en forma de corno, con 1 a 3 sementes
ovoides, algo angulosas.
USOS: As tuias
cultívanse amplamente como árbores ornamentais, e son usadas
amplamente como sebes.
A madeira é lixeira,
suave e aromática. Pode dividirse doadamente e resístese á
decadencia. A madeira usouse en moitas aplicacións, dende facer
petos que repelan a couza, a facer paneis e raís. A madeira de
Tuia plicata é usada a miúdo para as caixas das guitarras.
O aceite de tuia úsase
de xeito tópico para axudar ao tratamento do papiloma humano,
espullas e espullas xenitais. É popular en tratamentos homeopáticos,
para tratar infeccións das vías respiratorias.